viernes, 23 de octubre de 2020

Xa se achega Samaín

 Boas tardes amigos e amigas,

Esta semana tivemos algo de vento, choiva, remuiños de aire... pero non nos quitaron as ganas de facer cousiñas e divertirnos.

Os mais pequerrechinos, que son moi madrugadores e lles gustan moito os animais, fixeron uns pitiños e unhas arañas moi terroríficas, porque xa se nos achega Samaín.











E como choveu tanto, que mellor que uns paraugas para que non mollen a cocorota, que despois despeitéanse todos 




Os da Aula que xa van en primaria apuntáronse tamén á véspera de Samaín, e fixeron unhas cabaciñas moi apetitosas, xa nos diredes se dan medo ou ganas de darlle un abraciño do simpáticas que eran.






Os do salón de actos tiveron tempo de xogar ao tutifruti e ó lego, dous clásicos que lles encantan e que non pasan de moda (seguro que máis de algún papa e mamá tamén xogastes cando erades pequenos)



E atravéronse cuns morcegos, que tamén estaban pensados para asustar, pero saen tan agarimosos que en lugar de dar medo dan ganas de ir xogar con eles.







Esta semana tocou repaso no pavillón pois estes nenos/as estaban a tope de exames, e aínda que son todos e todas moi listos, hai que dar o derradeiro repasiño antes de facer o exame. Que nervios!!!!!! Seguro que aproban con notazas. 📖 📖




Xogaron ó tutifruti, ó beisbol., e aos  intrusos e visitantes. O importante e facer algo de exercicio e pasalo ben cos seus compis. Da igual quen gañe, pois trátase de participar e divertirse.




Probamos sorte cunhas partidas de bingo, e non pensedes que se lles dan mal, non, non, algún ten unha sorte enooooorme, así que xa sabedes, que vos elixan un número de lotería que seguro vos facedes millonarios.  





Tamén probamos sorte co xogo de adiviñar cancións. Non é que nós sexamos malas fotógrafas e por iso as fotos están movidas, é que os vosos/as fillos/as non paraban quietos nin un instantiño. E non fallaron ningunha, sabíanas todas.





Pola tarde teñen tempo para xogar con algún que outro xoguete novo, como estas Nancys, que foron un éxito coa súa moto vespino.


 

De facer uns ourizos cacheiros, dos que pinchan moito pero a eles non lles facían nin chisca de dano.



E de facer un xogo de espionaxe artístico, no que tiñan que adiviñar os obxectos do equipo contrario. Que memoria teñen estes piratiñas.

                        
               E ata aquí esta semana, pasade boa finde e sentidiño.

                            ❤ ❤ ❤ ❤ 





viernes, 16 de octubre de 2020

Esta semana na Aula D´Abaixo....

 Que andiveron argallando xs nosxs piratiñas esta semana?


Vinde que volo ensinamos......


Os grumetiñxs máis pequechos estiveron xogando a moitas cousas e así están, tan ledos¡¡¡


cos animais¡¡¡






cos puzzles, os playmobil e os bunchems¡

recalificando o chan¡¡¡ 😂😂😂  

 


sacamos de paseo á Nancy e a todos os animais da selva, xogamos aos bolos, e por suposto estivemos  traballando a nosa creatividade....






E contáronnos un conto ben chulo de un Dragón chamado ZOG, que logo pintamos¡¡



Xs mozxs de primeiro e segundo de primaria entretivéronse....

facendo unhas pantasmas terroríficas¡








uns coelliños de origami chulísimos¡¡





os bunchems tiveron moito éxito esta semana, que tamén pasaron polas mans dos nosos amiguiños máis grandes (eso sí, desinfectados a tope¡¡)


 xogaron no patio.....




E como está chegando o Samaín, ímonos preparando, así que puxémonos mans á obra para facer unhas arañas ben feitiñas








A rapazada de terceiro e cuarto A, no salón de actos estiveron facendo unhas saltarinas con globos que menudos choutos dan¡¡










tamén estiveron xogando ás construccións


e practicaron o seu dominio dos idiomas co Zingo en castelán, galego e inglés¡¡

Mentres xs máis maiores xunto cos de cuarto B, no pavillón estiveron quentando motores antes de entrar ao cole co....

Lego¡¡

O Un¡
O 5 segundos¡¡

     O conecta 4¡¡                  


O tutti-frutti¡ 



E a o tuti-frutti, pero esta vez, o de correr...




Xs rapaces da tarde, como tamén lles encanta o Samaín, estiveron facendo tamén as arañas para decorar ás súas habitacións




E para que vexades o ben que aproveitan o tempo xs vosxs fillxs, aquí están estudando e facendo as tarefas do cole, que non vai ser só xogar¡¡





E xa rematamos a semana, a próxima máis e mellor¡¡¡ 

Pasade unha boa finde¡¡¡¡