lunes, 28 de septiembre de 2020

Semana do 21 ó 25 de Setembro!!

Bo día a tod@s!!! 

Hoxe traémosvos unha nova entrada do noso diario de abordo!!!

Como poderedes ver, os nosos grumetes fixeron unha morea de cousas, sempre pensamos que en viaxes tan longas e complicadas como a que nos toca levar a cabo este ano, o tempo pasa moito máis rápido si te estás divertindo!!!

E con todo isto querémolos FELICITAR a tod@s polo BEN que o fixeron ata agora e polo BEN que o están facendo, porque como dí a canción " TODOS SOMOS CAPITÁNS, COMPAÑEIROS DE LUGAR" e @s nos@s son uns..... SUPER CAPITÁNS!!!!

Pois abride ben os ollos e mirade todo o que estivemos argallando estos días!!

SAÍMOS A RECOLLER CASTAÑAS PERO AINDA NON ATOPAMOS MOITA COUSA  jajajaj




E aproveitando que comezou o Outono fixemos uns MOUCHIÑOS CON PIÑAS que nós mesmos fumos recoller!!! Non nos digades que non son unha monada 😤😤😤








Pero sabedes qué é eso que seguimos facendo con covid ou sin el???? MOVER O ESQUELETE!!!
SIGÁMOS BAILANDO!!!





Como estos días temos o ceo tan cuberto de nubes, o que fixemos pola mañá foi pintalas para ter un día estupendo aínda que chova!! 
E mirade qué nos encontramos voando por o ceo do cole!!!







Hai algo que nos gusta moito facer tanto os grumetes pequenos coma os grandes, sabedes a que nos referimos??? 
Pois siiiiii PINTAR!!!




                                                    


Xogamos ó ACERTA A CANCIÓN!! Estamos super postos en materia musical somos capitáns cantantes jajaja!!!






Danos tempo a todo a xogar dentro pero tamén fóra.... XOGOS DIVERTIDOS NO PATIO!!















A primeira hora xogamos dentro...













E sabedes que fixemos o venres pola tarde???  SESIÓN DE PELI CON PIPOCAS!!! 
MALÉFICA 2!!!!






Pois ata aqui o diario de abordo da semana pasada!!! esta semana máis e mellor!!!

Vémonos familias!!!!

😍😍😍




lunes, 21 de septiembre de 2020

Comeza o outono

 Boa tarde piratiñas e benvidos de novo ó blog da Aula D´abaixo. Xa fai tempo que non nos vemos por estes mares, pero o barco pirata xa arrancou motores, izou as velas e puxo rumbo a un novo curso cheo de novos retos, pero coa enerxía e a ilusión a tope. 

E para que vexades todo o que fixeron os novos grumetes do barco imos coller un catalexo e ensinarvos a semana pasada:

No pavillón pirata xogamos ó tutifruti e pintamos uns debuxos, sempre con separación e as máscaras postas....



E como algúns grumetes teñen que madrugar moito para coller este barco, e as colchonetas se prestan tanto, botaron unha sonequiña 🏨


Entre sono e sono deunos tempo de xogar un ratiño ó pano


Como hoxe comeza o outono, anticipámonos un pouco e saímos á Chaira a buscar piñas e ver se atopabamos algún ourizo do castiñeiro do cole (chegamos a conclusión que para encher o bandulliño de castañas temos que esperar uns días)





Pero como non todo é xogar e sair de ruta, tamén tivemos tempo de facer deberes, que aínda que non nos gusten demasiado, temos que facelos para chegar a ser uns grandes piratas dos mares do Sur.


 E ata aquí a entrega desta semana, seguide atentos e atentas ás novas aventuras que nos deparará o futuro destes piratiñas.