jueves, 11 de junio de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Día 57


¡Bo día piratiñas!, arriade as velas, collede o timón con forza e virade todo a estribor porque hoxe imos poñer rumbo a unha nova aventura pirata.
Hoxe imos preparar unha receita de cociña que vai ser famosa máis alá dos sete mares: Mug cake de vainilla e mug cake Red Velvet.
Os mug cake son uns biscoitos que se fan no  microondas, son rápidos e  moi sinxelos de facer, e que nos últimos tempos converteuse nunha das receitas de moda.
Os mug cake fanse nunha cunca, normalmente para dúas persoas, polo que deberedes usar unha cunca grande. Se queredes facelos máis pequenos, soamente tedes que reducir os ingredientes á metade e facelo nunha cunca máis pequena.
Deixámosvos dúas receitas, unha de vainilla e outra de chocolate. Podedes facer a que máis vos guste ou as dúas.
Familias, para esta actividade necesitamos que supervisedes aos vosos chefs.
Agora sí que sí, poñédevos en marcha porque comezaamooos!!!
O primeiro que tedes que facer é remangarvos, lavar as vosas mans e preparar os ingredientes.
MUG CAKE DE VAINILLA
30 g de mantequilla
1 ovo
2 culleradas de azucre
1/4 cucharadiña de extracto de vainilla
1 cullerada de leite
5 culleradas de fariña
1 cucharadiña de levadura química (tipo Royal)
Opcional para decorar:
Nata para bater
Pepitas de chcocolate negro


 ·        Derretemos a mantequilla no microondas, 20 segundos a 800 vatios.
Nunha cunca engadimos os ingredientes secos: azucre moreno, fariña e levadura. Mesturamos ben.
·        A continuación incorporamos: ovo, mantequilla, leite, extracto de vainilla. Mesturamos ben cun tenedor ata que non haxa ningún grumo e para que os ingredientes se integren  perfectamente.
·        Untamos con mantequilla o interior das tazas para que non se pegue o biscoito.
·        Poñemos a cunca no microondas durante 2 minutos a 800 vatios, aproximadamente.
Si vedes que aínda está cru, continuar a cocción en tandas de 30 segundos (sen pasarse porque se seca)
Decoramos con nata montada e pepitas de chocolate
MUG CAKE RED VELVET
2 Culleradas de aceite de xirasol, ou de oliva suave se non tedes de xirasol
1 ovo
2 culleradas de azucre
1 cullerada de leite
4 culleradas de fariña
1 cullerada de cacao en pó
1 cucharadiña de levadura química (tipo Royal)
algunhas gotas de colorante alimentario bermello
Opcional para decorar:
Nata para bater
Crocanti de améndoa


 ·        Derretemos a mantequilla no microondas, 20 segundos a 800 vatios.
Nunha cunca engadimos os ingredientes secos: azucre moreno, fariña, o cacao en pó e a levadura. Mesturamos ben.
·        A continuación incorporamos: ovo, o aceite de xirasol, leite e unhas gotas de colorante alimentario bermello. Mesturamos ben cun tenedor ata que non haxa ningún grumo e para que os ingredientes se integren  perfectamente.
·        Untamos con mantequilla o interior das tazas para que non se pegue o biscoito.
·        Poñemos a cunca no microondas durante 2 minutos a 800 vatios, aproximadamente.
Si vedes que aínda está cru, continuar a cocción en tandas de 30 segundos (sen pasarse porque se seca)

Decoramos con nata montada e espolvoreamos co crocanti de améndoas



¡Como arrecende!! . Agora queda a parte máis divertida, collede os vosos mug cakes, e a disfrutar que o tedes merecido. E a vos papis e mamis agradecervos a vosa axuda, merecedes un aplauso tamén, ¡¡bo traballo!!
Esperamos que vos gustase e que repitades moitas veces. E si vos animades, compartideo con nós e subide alguna fotiño ao facebook da Aula.
¡Un aperta moi forte para todos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario