viernes, 28 de febrero de 2020

Entroido 2020

Boas tardes auleros!!!!!!
Cantas ganas tiñamos de ensinarvos todas as cousas que fixemos para celebrar o entroido...e que comezamos xa unhas semanas antes cos preparativos para que así o chegar ós días grandes a aula estivera tan decorada coma nós cos nosos disfraces!!

Pois explícovos, os piratiñas fixeron un arlequín con trociños de papeis de cores e serpentinas mirade, mirade que bonito quedou!!!!!!!!!!!!!!!










E os piratas maiores fixeron un mega mural para a nosa parede, comezárono a pintar fora porque estaba moi boa tarde pero como era MEGA.... tiveron que acabalo outro día e xa dentro da aula jajajajaja pero quedou chulisimo, había dende máscaras e unicornios ata repolos e chourizos!!!jajajaj







sabedes que é algo que se fai moito no entroido?????? CANTAR CANCIÓNS COAS LETRAS CAMBIADAS e eso foi o que fixemos, inventamos unha canción con letra de entroido e despois cantámola diante dos nosos compañeir@s!!!















Como traballamos tanto, entrounos a fame entón decidimos facer unhas natillas que por certo estaban para chuparse os dedos!!!

























Despois de todo esto....por fin chegou o ansiado entroido!!! nel bailamos, comemos, disfrazámonos con unhos disfraces feitos por nós, desfilamos e sobretodo...pasámolo XENIAL!!!








FILLOOOOAAAAASSSSSSS  😋😋😋😋















Como podedes ver comémolas todiñas!!!!!!!!

Despois do diseño e confección dos nosos disfraces, tocou desfilar. Podedes ver o desfile completo no facebook.



Tivemos tempo para sesión de cine coa película "Los pitufos"






E para rematar o entroido, e como non todo é traballar, tivemos festa rachada,  na que comemos a fartar e escoitamos música.






E ata aquí o entroido deste ano. Ide pensando de qué vos ides disfrazar o ano que ven.
BOA FIN DE SEMANA