viernes, 13 de diciembre de 2019

Xa se achega o Nadal

Boas tardes internautas auleros e auleras. Como xa vistes en edicións pasadas, os nosos churumbeles estiveron preparando un teatriño. Esta semana rematamos de facer as letras do seu nome e o resultado podedes velo a continuación. Prometemos invitar o estreno da primeira obra que fagamos, e se fai falla estaredes en primeira fila.


















E o resultado:



Xa queda pouco para o Nadal, así que esta semana comezamos a adornar a aula. Vale, igual somo os últimos en colocar a decoración, pero tampouco iamos facer como nas tendas  que está o turrón xa  dende o mes de outubro, jeje. Fixemos uns bonecos de neve, árbores e Papá Noel de plastilina.Como nos gusta modelar e mezclar cores.






















Ademáis fixemos unhas botas para colgar na aula, cada un ten a súa para non pelexar. Algodón, vai, algodón ven; lazos e estreliñas... todo sirve para decorar.






















Mirade que bonitiñas nos quedaron.


Montamos e adornamos a árbore de nadal, por agora puxemos as bolas, en próximas entregas veredes o resultado completo.





Tamén fixemos uns agasallos con cartolina, cada un decorou un lado do cubo, recortamos e pegamos. Xa lle gustaría a Papa Noel levar uns envoltorios tan feitiños coma estes.




























E fixemos unhas postais do Grinch. Resulta que a man do Grich está collendo a nosa cara, que está dentro dunha bola e chea de purpurina. Somos un peligro cando nos deixan libres coa purpurina.











Isto é todo amigos e amigas. Ide escribindo a vosa carta, a nós danos igual que sexa ó Apalpador, ó Papá Noel ou aos Reis Magos., pero non nos sexades trampulleiros que só se pode escribir a un, non vale aos tres. 
Saudiños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario