viernes, 4 de octubre de 2019

OUTUBRO CHEGOU CO SEU TRAXE MARRÓN, LEVANTANDO AIRE FRESCO,ANUNCIANDO A SÚA ESTACIÓN !!


Como xa vos dixemos a semana pasada, chegou o outono, e os piratiñas saímos dar unha volta para ver as árbores e o campo vestidos cun manto de cores douradas, marróns, granates, ocres....
Entre todos recollemos unha morea de cousas: follas, carrabouxos, landras, para ensinarvos todo o que se pode facer con cousas da natureza:



Esta semana fixemos unha manualidade, LEÓNS E PELÓNS, onde as follas que recolleramos días antes,  empregámolas para facer retratos e caras de animais. 
Son moi sinxelas, divertidas e fáciles de facer




Unha das propostas foron estes feroces leóns

Pintamos as caras, e despois pegámoslles as follas arredor. Cada nen@ púxolle un nome o seu


Os máis pequenos, deciciron facer un retrato, con un nariz ben simpático, fixástesvos nel?


 Esta semana tamén nos puxemos serios, o 2 de outubro celebramos o DÍA DA NON VIOLENCIA. 
@s nos@s nen@s traballaron con moito entusiasmo aprendendo qué é,  e por qué celebramos este día.
De revistas e periódicos, recortaron diversas ilustracións  distinguindo actitudes violentas e non violentas.


Entre todos fixemos o MURAL DA NON VIOLENCIA, e colgámolo xunto a entrada da nosa Aula para que todo o mundo se conciencie desta lacra social.


Qué xeitoso nos quedou!!


Tamén disfrutamos lendo contos, e sobre todo se os leen os nosos peques. 
Esta semana limos o CONTO  "O SEGREDO DE FLORA", unha nena que tén un segredo.  Coñece unhas palabras máxicas para...... bueno se volo contamos xa o sabedes, asique teredes que leer o conto para descubrilo 


E non pensedes que xa non fixemos nada máis. Outro día con nome propio foi o DÍA MUNDIAL DO SORRISO, os nen@s da Aula, coa súa mellor cara  fixeron unhas LIBRETAS E IMÁNS EMOJI


        Na nosa Aula Aprendemos lendo,  aprendemos xogando,  aprendemos  facendo... e tamén aprendemos coa xente maior, o venres  visitaron á nosa Aula, Dona Fina, Dona Vicenta e Dona Fina, para compartir con nós un pouquiño do seu tempo, das súas vivenzas, dos xogos e contos da súa infancia. 
     Moitas grazas por vir a pasala tarde con nós, e grazas                    tamén a tod@s os que fixestes posible este encontro!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario