viernes, 5 de julio de 2019

Semana do 1 ao 5 de xullo

Como estades a pasar o verán???? Nós estupendamente, aquí vos deixamos o que fixemos esta semana.
Xogos de baile para mover o esquelete






Tivemos que ir pasando probas para chegar á Misión imposible











O Conto O dragón comemedo , que nos axuda a non ter medo de nada.






Tivemos a visita de Reciclaxe, na que aprendemos as normas para que o mundo sexa máis saudable: que contedor usar, como reciclar.





Estas TARTARUGAS  son moi veloces. 






Un CHAVEIRO para non perder nunca as chaves.



Un xogo de disfraces para botar unhas risas. 



Algunha aparece nas praias, pero as MEDUSAS da Aula son moi boas e non pican a ninguén.






Tamén nos divertimos con xogos como a carreira de barcos, o 3 en raia....




Xogos creativos con globos, que dífícil é as veces aguantar a risa. 



Non pensedes que o día de piscina só nos mollamos, non, non, tamén xogamos no parque e na pista.





Lemos o Conto El capitán Verdeman. El super héroe del reciclaje.



Os do equipo de fútbol de Nogueira fixéronnos unha visita e de paso ensináronnos algún truquiño para ser uns e unhas expertos e expertas neste deporte. Moitas grazas pola vosa visita.










Para rematar a semana estivo con nós Cruz vermella, e grazas a eles xa somos uns expertos en salvar vidas.






E para que sexan responsables, fixemos uns bonecos con herba, teñen que regar martes e venres e xa veredes que sorpresa dentro duns días.









No hay comentarios:

Publicar un comentario