martes, 26 de marzo de 2019

Aviso Semana Santa 2019


ÁBRESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á
“AULA CONCILIA,
SEMANA SANTA  2019”
Dias: 15, 16, 17, 22.

Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.

Prazo de entrega: do 1 ao 5 de abril .

Publicación das listas de admitidos: 9 de abril no blog da aula e no blog do concello.

Os usuari@s que xa utilizaron o servizo durante este curso escolar, só deberán inscribirse na aula, os novos deberán presentar a seguinte documentación:

1.    Ficha de inscrición debidamente cumprimentada (pìncha aquí).
2.    Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
3.    Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
4.    Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
5.    Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
5.1.        Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
5.2.    No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
6.    Certificado de empadroamento no  concello dalgún dos proxenitores ou d@ nen@.
7.    Fotografía de carné d@ menor  (nen@s de 4º de infantil).


Tfno. de información 988 25 93 85

No Pereiro de Aguiar, 26 de marzo de 2019

O alcalde

Eliseo Fernández Gómez

No hay comentarios:

Publicar un comentario