lunes, 5 de noviembre de 2018

Samaín na aula

Polas mañás os/as nosos/as piratiñas estaban irrecoñecibles, a algún/ha tivemos que preguntarlle quén era, se non non o/a coñecíamos. 








Tivemos katrinas, bruxas, vampiros e vampiresas, algunha pantasma, esqueletes leóns, e algún mais que daba un pouquichiño de medo.



Estivemos vendo uns cortos de medo. Non sei se pasamos mais medo vendo a pantalla ou a estes nenos/as, fixádevos nos seus ollos, parece que temos uns zombies na aula. Uhhhhhhhhhh. 


E polas tardes fixemos unha comilonciña, que non deixaron nin as migas e despois sesión de maquillaxe.














No hay comentarios:

Publicar un comentario