viernes, 17 de agosto de 2018

Que ben o pasamos

Bo dia amigos e amigas. Este barco pirata acaba de atracar e os nosos/as piratiñas fixeron unha morea de cousas durante esta travesía. Descubrimos que os animais teñen silueta:



Cunha agulla, fio e imaxinación podemos construir todo o que queiramos. Se siguen así, teredes un futuro Roberto Verino, Adolfo Dominguez, unha Carolina Herrera ou Agatha Ruiz de la Prada....




Fixeron unhas cacas kawai e uns emogis para os seus lápis e sacapuntas.
Como estamos no verán e atopan moitos na praia, os pequerrechiños/as fixeron uns cangrexos que teñen as patas moi afiadas, pero son tan bos que non nos pinchan.




Cal é a nosa ferramenta de traballo???? As MANS. Así que as inmortalizamos nun mural para que as vexades cando os vides recoller.

Non se tira nada en casa. Coas cápsulas de café xa usadas fixemos uns chaveiros moi xeitosiños para ter sempre a man as nosas chaves.
Tic, tac, tic, tac. Para saber que hora é fixemos uns reloxos manuais. Aínda que non leven pila dan a hora moi puntuais. 





Somos moi ordenados, cando imos o areeiro ademais de xogar  e pasalo moi ben, tamén sabemos descalzarnos, deixar os nosos zapatos colocados e volver calzarnos despois. Valeee, é certo, algunhas veces cambiamos os zapatos de pé.... 


Soy una taza, una tetera.... si, si, podedes cantar que seguro que a sabedes. Eles tamén, así que: a mover o esquelete!!!!!!






Xogamos aos disfraces. A quen lle pare a música mete a man na bolsa e ten que poñerse o que lles saia. Algun/ha estábache ben simpático/a.

De súpeto convertémonos en Xinetes e cabalgamos a todo meter.Que envexa nos tería Rocinante !!!!!




Os días de piscina non so damos chapuzóns, tamén o pasamos pipa e cabazo xogando en Monterrei.

Os de Lecer e consumo, ademáis de facernos unha visita da que xa vos informamos na publicación anterior (parecemos os da revista "Hola") tamén nos propuxeron entrar nun concurso de carteis e o premio se gañamos será unha viaxe. Cruzade os dedos!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario