viernes, 3 de agosto de 2018

ATA A PRÓXIMA XULLO....BENVIDO AGOSTO !!

Comezamos a semana con unha visita na Aula, a da Garda Civil. Con eles os nosos rapaces aprenderon que as agresións, os abusos, a discriminación non son conto nin un xogo
 






E entre debuxar, aprender, xogar a buscar tesouros e  ver pelis...... os noso piratiñas tamén atoparon tempo para xogar ó que máis lles gusta; o lego, Mr. Potato,  xogar cos animais, coa granxa coas casiñas da cidade, bailar..... pois non vai ser todo traballar, non vos parece?

 



Tamén viaxamos a moitas épocas da historia coa axuda da xincana A máquina do tempo, neste xogo os peques tiveron que poñer a proba as súas habilidades e conseguir superar unha serie de probas e conseguir moitos puntos para atopar o tesouro, o tesouro da Aula Pirata!





E para rematar a semana os mozos de Lecer e Consumo ensináronnos o que significa ocio e consumo responsable,  publicidade,  comercio xusto,  e moitas cousas máis.


















Aquí vos deixamos un vídeo sobre a Mariposa Pizpireta, dádelle ao play e ... A bailaaaarrr!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario