martes, 31 de julio de 2018

NOVAS DA AULA!

Bo día familias informarvos que mañá mércores día 1 de agosto iremos a piscina a Monterrei !!

viernes, 27 de julio de 2018

AVISO AULA CONCILIA CURSO 2018-2019


AULA CONCILIA

CURSO 2018/2019

Número de prazas ofertadas: 60 (quenda de mañá ) 25 (quenda de tarde).

Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.

Os usuarios que desexen presentar a súa solicitude a través da sede electrónica poderán

facelo dende do 2 de agosto ata o 17 de agosto de 2018, en horario de 09:00 a 14:30 h.

Prazo de entrega das solicitudes: do 2 ao 17 de agosto (ambos incluídos).

Publicación das listas de admitidos por orde de inscrición: 30 de agosto, na páxina web do

concello (www.concellopereiro.com) e no blog da aula (piratasdaauladabaixo.blogspot.com).

Prazo de subsanación de erros: do 31 de agosto ao 4 de setembro (ambos incluídos).

Publicación das listas definitivas: 7 de setembro na páxina web do concello

(www.concellopereiro.com) e no blog da aula (piratasdaauladabaixo.blogspot.com).

Requisitos:

- Estar empadroado/a no Concello do Pereiro de Aguiar (o/a neno/a e un proxenitor).

- Ser pai/nai traballador/a con incompatibilidade horaria para o coidado dos/as fillos/as.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.( para descargala a inscrición prema aquí)

2. Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.

3. Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.

4. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.

5. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de
ambos proxenitores.

5.1. Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade
Social na que figure como autónomo.

6. No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.

7. Fotografía de carné d@ menor que utilice por primeira vez o servizo.

Non será necesario presentar aqueles documentos que non teñan experimentado variación

respecto do ano anterior, e que xa estean en poder deste concello. Non obstante os

referidos aos puntos 1, 4 e 5 deberán xuntarse obrigatoriamente.

Tfnos. de información 988 25 93 85 / 633120494.



No Pereiro de Aguiar, 26 de xullo de 2018

O alcalde

Eliseo Fernández Gómez


jueves, 19 de julio de 2018

Semana do 16 ao 20 de Xullo

ESTA SEMANA NA AULA DE VERÁN FIXEMOS MOITAS COUSIÑAS. IMOS VER.....


Uns xoguiños no patio para ir quecendo....




e cando estamos algo máis tranquiliños/as e cansos/as de correr, explotamos o noso lado máis creativo, facendo unhas fermosas tartarugas e uns polbos¡





Os/as mais maiores estiveron facendo cousas ben orixináis..... portafotos con pasta de modelar e fío de cores; debuxos en 3D ou en relevo...














Tamén estivemos vendo unha peli ben simpática, que nos gustou moito a todos....mirade que atentos/as estamos¡¡¡¡



O venres tivemos unha visita...o GES, para ensinarnos ás súas ferramentas de traballo e explicarnos como e por qué temos que coidar moito os nosos montes






A semana que vén como a Aula non para, poremos mais fotiños da visitas dos GES, para que vexades que ben o pasamos¡¡¡¡¡



















miércoles, 18 de julio de 2018

AVISO IMPORTANTE!



Bos días papis/mamis, por mor do mal tempo queda suspendida a actividade da piscina en Monterrei. Por favor Levade os nenos/as á Aula. Grazas

viernes, 13 de julio de 2018

¡¡Qué semaniña na Aula!!


Fixemos un montón de cousiñas divertidas...
dende xogos de destreza...














 Xogos de competición...







Tamén fixemos xogos nas aulas...












No medio da semaniña pasámolo moi ben na piscina e... fóra tamén!!!















¿¿Non creedes que temos moitos/as ARTISTAS na Aula??

























































E aínda temos tempo libre para xogar!!







Por certo... tivemos unha sorpresa de algún/ha amiguiñ@... Trouxeronos chuches polo seu aniversário 😊