martes, 12 de diciembre de 2017

As mañás dos peques na aula d'abaixo

Hoxe abrimos o ollo de boi do noso barco pirata para que vexades a que adican as mañás os máis pequenos da aula.

Este é un día normal, pero hai outros días nos que facemos algún obradoiro máis específico.

Normalmente traballamos por recunchos para estar máis tranquilos e que todas e todos podamos xogar un ratiño a todo, imos cambiando os recuchos ao longo da semana. O luns tocou, CONTIÑO para os máis madrugadores e despois:


 DEBUXO


 PUZZLES


 CONSTRUCIÓNS CON PEZAS DE MADEIRA


LECTURA
(no recuncho biblio)

PLASTILINA


O próximo día iremos espiar aos máis maiores para que as mamis e os papis vexades o que argallan nas mañás máis frías do Pereiro.

1 comentario: