viernes, 19 de mayo de 2017

AVISO VERÁN 2017

ÁBRESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA A AULA “CONCILIA VERÁN 2017”
Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.
Prazo de entrega: do 25 de maio ao 7 de xuño.
Publicación das listas de admitidos (por orde de inscrición): 13 xuño, no blog da aula e na páxina web do concello.
Prazo de subsanación de erros: do 13 ao 15 de xuño.
Publicación das listas definitivas: 16 de xuño.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
  1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada (pinchar aquí)
  2. Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
  3. Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
  4. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
  5. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
5.1.        Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
6.    No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
  1. Certificado de empadroamento no  concello d@ nen@ e dalgún dos proxenitores.
  2. Fotografía de carné d@ menor que utilice por primeira vez o servizo.
Tfno. de información 988 25 93 85

No Pereiro de Aguiar, 19 de maio de 2017
O alcalde

Eliseo Fernández Gómez

1 comentario:

  1. Tódolos anos a mesma histora:
    A ver se aprendemos a compartir arquivos no dropbox.
    Non poñades a dirección web do voso navegador porque a vosa carpeta home do dropbox non é a miña, polo que eu non teño subcarpeta verán 2017.
    Tendes que seleccionar o arquivo ou carpeta que queirades compartir e darlle a compartir, co que xerará un enlace público que é o que tedes que compartir.

    E van tres anos dicíndovos como tedes que compartir un arquivo.
    A ver se para o ano que ven sodes capaces de o facer á primeira.

    P.D.- Perdón pola retranca, no quero ser ofensivo, pero é que eu sei o fallo que existe, o resto de usuarios se están a atopar que simplemente non lles funciona e non se poden descargar a ficha de inscrición.

    ResponderEliminar