viernes, 5 de mayo de 2017

Adeus abril, benvido maio


Familias e amigos!! canto traballamos dende que volvimos das vacacións de Semana Santa, non paramos!!

Coñecemos a un elefante moi colorido e moi argallante... ELMER!! canto rimos con il






Como somos uns piratiñas moi artísticos decidimos pintar con iogur natural e colorante...



Despois de pintar os iogures quixemos saborear... ummm!!





Os e as piratiñas fixeron unhas divertidas bolboretas para adornar a Aula Pirata





Coas bolboretas viñeron as súas amigas as abellas,  pintadas con algodón de vivas cores primaverais





"Para que as nosas bolboretas e abellas puideran descansar,
 unhas fermosas árbores dedidimos pintar" 

Para pintalas empregamos hisopos dos oídos...






Como os piratiñas son uns modernos xa non envian mensaxes en botellas, agora fano en GLOBOS!! escribiron unha mensaxe supermegasecreta e metérona nun globo, déronlle aire e enviarono ao seu destinatario... PUMM!!!




"Despois de tanto traballar tivemos que descansar" 
Pasamolo xenial cos xogos de mesa que temos na aula









No hay comentarios:

Publicar un comentario