viernes, 29 de julio de 2016

Xogos e rexogos

Os vosos piratas teñen máis imaxinación ca un elefante (e o elefante debe ter moita que é moooooi grande). Así que entre todos inventamos un conto. Resulta que había un supercirco con policías, soldados e vaqueiros onde se cazaban pokemons e a princesa Elsa conxelaba aos malos.... A ver se recoñecedes aos vosos/as fillos/as que algún anda camuflado:




Mirade que guapisísimas viñeron Anita, Leila e Alba, coma 3 modelos. Pero papás e mamás, admitídeo: seguro que as 7 da mañá chamástesvos por teléfono para ver que vestido lle puñades as nenas ese día. Menuda coincidencia máis coincidente!!!!!!!!

Tamén fixemos unha xincana da máquina do tempo , con probas coma o pañuelo, carreira de carretillos, explotar globos, a conquista romana.... como nos fan traballar estas monitoras!!!!!!!!!











Xa fai uns días destas fotos(e que nos esquecemos de colgalas), cando  montamos o tobogán, e o tempo confabulárase contra nos para que as nubes aparecesen pero o final pasárono máis que ben. Mirade como nos podemos divertir aínda que non teñamos piscina.














2 comentarios: