martes, 19 de julio de 2016

VISITA Ó NOSO CONCELLO !!

O pasado 15 de xullo os nenos da Aula Concilia visitamos o noso Concello. Alí fomos recibidos pola coordinadora do Programa Concilia, Ana, que nos amosou o edificio e as instalacións e nos acompañou a coñecer a todo o persoal que traballan nel: educadores e  traballadores sociais, persoal de rexistro, asesoría xurídica, orientadora laboral, ocio e tempo libre.







Coñecimos tamén o señor alcalde, Don Eliseo Fernández e o señor secretario, Don Plácido Álvarez,
todos eles adicáronnos uns minutiños e responderon amablemente as preguntas que fixeron os nosos piratiñas, moitas delas moi interesantes como: tramitar licencias  para facer piscinas, cursos de formación que oferta o Concello, orientación laboral, qué facer cando un veciño ten árbores que invaden a propiedade privada, pedir certificados de empadroamento, etc.
Foi unha visita moi agradable e nela aprendimos moitas cousas sobre o funcionamento do noso Concello.
¡¡ Grazas a todos pola vosa amable atención!!













Pero non pensedes que aquí rematamos ¡non!, repuxemos forzas merendando no parque e despois puxémonos en marcha para a búsqueda do tesouro escondido.














Ainda nos esperan moitas máis aventuras piratiñas!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario