miércoles, 27 de julio de 2016

Apertura inscripción Aula Concilia Curso 2016-2017

Ola a todos/as. Xa temos información para as solicitudes do curso 2016-2017

BANDO INFORMATIVO
“AULA CONCILIA CURSO  2016-2017”
ÁBRESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á “AULA CONCILIA(Para usuarios que necesiten facer uso continuado da mesma durante o curso 2016-2017)
Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.
Prazo de entrega: comezará o 18 de agosto e rematará o 1 de setembro.
Publicación das listas de admitidos por orde de inscrición: o 5 de setembro no blog da aula .
Prazo de subsanación de erros: do 5 ao 7 de setembro.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
  1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
  2. Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
  3. Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
  4. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
  5. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
5.1.        Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
6.    No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
7.    Certificado de empadroamento no  concello dalgún dos proxenitores ou d@ nen@ (os non empadroados matriculados no CEIP Ben-cho-shey poderán facer uso das prazas que, no seu caso, quedaran vacantes).
8.    Fotografía de carné d@ menor  (nen@s de 4º de infantil).

Tfno. de información 988 25 93 85
No Pereiro de Aguiar, 28 xullo de 2016
O alcalde

Eliseo Fernández Gómez




Para descargar a solicitude pinchade aquí

Un saudo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario