martes, 29 de marzo de 2016

Semana santa 2016


Bos días Piratas. Eiquí vos vai un resumo destes días de Semana santa no barco.

Empezamos con moita forza e cun contiño chachi pirulis. "O máis grande e bonito ovo de pascua", cun sinfín de probas máis que fáciles para os nosos entrenados piratas!




 Máis tarde, atopando o noso barco un pouco sosiño, decidimos crear uns tápices para colgar nas portas e paredes dos noso camarotes, até os máis cativos conseguiron facer auténticas marabillas, fío vai fío vén....




 E para voltar a pasar un ratiño agradable....Retomamos os contacontos, desta vez cun clásico entre os clásicos " A que sabe a lúa?"... A nos, sábenos a gominolas e algodón de azúcre....E a ti???



Pero como non todo vai ser estar no barco, decidimos pasar a mañá paseando polos arredores.

E aproveitando o día, limos un conto clásico pero revisado....Quen minte? a quen lle crece o nariz neste conto??? "Érase dúas veces Pinocho", se non coñedes estes contos, as piratas maiores recomendánnos moi e moito.

 Ademáis de pasear, xogar ás agachadas e pasar un bo rato ao sol e en boa companía.


 O último día, pasou pola aula un coelliño moi simpático que deixou escondido unha chea de oviños....Aló nos fumos os piratas a buscalos. Mmmmmmmm, que ricos estaban!!!!!


E vos, como vós foi a Semana Santa???

No hay comentarios:

Publicar un comentario