jueves, 11 de febrero de 2016

Entroido entroideiro!!!!

Estes dous días de entroido estivemos moi ocupados (coma sempre).

Os piratas traballamos arreo para facer as nosas propias máscaras para decorar o noso navío.




E tamén fixemos as nosas propias máscaras con gafas IeIe!!!Va que son bonitísimas???

E para rematar, o mércores de entroido, entrounos unha pouca fame e nun plisplas, conseguimos fariña, ovos que lle roubamos á veciña e leite da vaca marela e fixemos unhas riquísimas filloas!




No hay comentarios:

Publicar un comentario