lunes, 29 de febrero de 2016

Semana Santa 2016

Piratas, piratos e piratillas. Mañá día 1 e ata o 14 de marzo abre o  prazo para Semana Santa. Se queredes inscribirvos, pinchade no seguinte enlace


miércoles, 24 de febrero de 2016

Estamos namorados

Os nosos piratas están namorados, por eso fixeron tarxetas de San Valentín para regalar ós seus "amores".



Esta semana cantamos moitisisisisimo xa que varios piratiñas cumpriron anos


Polas tardes estivemos moi cultos, e lemos o libro "Un día en la nieve", e como ese día facía moooooito frío fixemos un mural con copos de neve



Tamén xogamos o "Gran xogo da oca" cunhas probas ben complicadas: a matemáquina, separar legumes, carreira de culleres, maquillarnos uns a outros.... e unhas poucas máis.







Como mascota para o noso barco pirata fixemos unhas marionetas moi alegres.

O noso barco pirata xuntouse co barco de debuxo artístico e xuntos fixemos un collage.




jueves, 11 de febrero de 2016

Entroido entroideiro!!!!

Estes dous días de entroido estivemos moi ocupados (coma sempre).

Os piratas traballamos arreo para facer as nosas propias máscaras para decorar o noso navío.




E tamén fixemos as nosas propias máscaras con gafas IeIe!!!Va que son bonitísimas???

E para rematar, o mércores de entroido, entrounos unha pouca fame e nun plisplas, conseguimos fariña, ovos que lle roubamos á veciña e leite da vaca marela e fixemos unhas riquísimas filloas!




viernes, 5 de febrero de 2016

Semana entroideira

Aló Piratas!!!!!

Está semana foi intensa, tanto polas mañás coma polas tardes.

Polas tardes, estivemos ocupados en ler historias, facer manualidades, cazando ratiños de contos e cavando na nosa praia particular (o areeiro).






E polas mañás, aiii!!!!Polas mañás....Estivemos a tope co mural do entroido e co noso PROXECTO ENTROIDO!!!! Aprendendo e coñecendo os traxes típicos da nosa zona e bailando.(pinchade que hai vídeo).









ADMITIDAS E ADMITIDOS PARA O ENTROIDO 2016

1.       Iker Ferro
2.       Noa González
3.       Luca Guede
4.       Mateo Prol
5.       Sara Fernández
6.       Alejandro Gómez
7.       Hugo salgado
8.       Iago salgado
9.       Pablo Carrasco
10.   Aitana Leites
11.   Ainhoa Leites
12.   Manuel Bascoy
13.   Alejandro Soto
14.   Camilo Villegas
15.   Luna Vázquez
16.   Ana Fernández
17.   Ian Domínguez

lunes, 1 de febrero de 2016

Cousiñas que fixemos a semana pasada

Como ós piratas nos gusta tanto soñar, lemos o conto "El domador de sueños", no que tiñamos que pescar estreliñas. Cada un soñou aquelo que máis lle gustaba e entre todos tiñamos que adiviñar quen o soñara.



Como as veces temos pesadelos, decidimos facer un atrapasoños para que os piratas durman toda a noite no seu barco sin medos nin temores.









E como somos moi presumidos, fixemos uns marcos de foto para que todo o mundo nos vexa




O xoves un super pirata fíxosenos maior, así que todos lle cantamos o Cumpleanos Feliz!!!
E polas mañás tamén fixemos cousiñas, pero como temos memoria de mosquito esquecémonos de quitar fotos. Aquí a nosa pirata léndolle un conto ó resto de piratiñas