viernes, 11 de abril de 2014

Navegando co cole. Voz Natura.

Había unha vez.....nun cole moooooooooooooi pretiño, unha profe chamada Celi que todos os anos argallaba algunha actividade para que os nenos e as nenas da contorna aprenderán moito máis sobre: a reciclaxe, a auga, os ríos, os mares, os peixiños...

E bueno, xa sabedes o que os piratas adoramos todo o que teña que ver co mar e as grandes superifcies de auga. Asi que, cando nos chamou para que lle botáramos unha mán e, pensáramos nunhas actividades para aprender xogando despois de sortear non poucas fochancas e areas movedizas, non o dubidamos máis e, por fin, puidemos ir a coñecer a todos os profes e a todxs os nenxs do cole do Ben-Cho-Shey.

O primeiro e o segundo día da nosa nova aventura estivemos cos grumetes máis pequechos aprendendo as artes da pesca!








O terceiro e o cuarto saímos ao mar, ou a o río maís ben, cos de 1º e 2º ciclo. Temos tanta ansia de coñecer o que nos rodea que non puidemos parar de correr! Estes axudantes a contramestre nadan coma troitas, lampreas ou salmóns.












Moitas grazas a todxs os mestres por aturarnos con bó humor, e ó alumnado por entregarse tanto.
Estáde atentos nos próximos días que actualizaremos con novas fotos e con enlaces ós blogs das mestras.

2 comentarios:

  1. Grazas a vós por ser tan colaboradores e uns piratas abertos a novas aventuras sempre dispostos a axudar e a implicarvos nas propostas que a profe Celi vos fai. Sodes fantasticos. Resultou un experiencia fantástica.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que ilusión nós fan estes comentarios! Gracias!

      Eliminar