Como ben sabedes queridas mamás, papás e titores legais, durante este verán non estamos na nosa Aula Pirata, por mor das obras de ampliación do Ben-Cho-Shey, unha dificultades adicionais é que nono poderemos actualiza-lo blogue xornada a xornada pero intentaremos facer un resumo por semanas.
E aquí vai unha pequena mostra das activiades da semana do 1ó 5 de xullo
Obradoiros de manualidades, neste caso con grupo dos maiores, un fermoso gardapanos feito con pinzas de madeira, cola e pintura, e moitas dotes artísticas...
Tamén fixeronase moitos xogos unha mostra:
Aquí xogando ó aforcado
e aquí preprándose para escapar duns terribles dragóns.
Tamén deunos tempo para ir á piscina e facer unha escapada polo monte da Chaira, na que puidemos ver o encoro de Cachamuíña e facer un gran xogo.
Aquí están preparándose para entrar na piscina.
E aquí momentos antes dándoo todo no parque de Monterrey.
Unhas vistas do encoro e do val do Loña dende a caseta dos forestais do monte Chaira.
E aquí os nenos e nenas atendendo as explicacións para poder xogar ó Feiticieiro, o grna xogo que puxemos en práctica, durante a andaina.
e para rematar a semana coa de calor que estaba facendo ¡¡xogos de auga!!