miércoles, 27 de febrero de 2013

Unha pantasma con asma

UUUUUUUUuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuHHHHHH!!! Coidado piratas, hoxe veu unha pantasma moi peculiar a aula!

A nosa amiga Laura deu fe dela.



E o resto dos nen@s quedaron pampos ao coñece-la.







Doña cangrexa e Don trompo

Onte, para pasar un pouco á tarde uns fixeron unha doña cangrexa moi requetechuli, mirade:



e outros, vendo o exito da peonza con cd que fixeran os pequechos a semana pasada, puideron facer eles tamén unha peonziña bailonga e sonora!




martes, 26 de febrero de 2013

¿Kenqueoke?

Hoxe pola mañá, mentres os maiores estaban concentrados nas súas lecturas. Os máis pequechos da aula pirata coñeceron a un marcianomoi despistado e nada mañoso!O libro chámase ¿Kenqueoké? de Kalandraka.
Asi foi como o imaxinaron:


E ademáis, a profe Paula da aula de 3 anos puxo unha entrada ben bonita sobre o obradoiro que fixemos na semana de reciclaxe na súa clase. Podedes ve-lo aqui.

miércoles, 20 de febrero de 2013

O GATO CON BOTAS POR....

...Nadir Leguiçano contounos a historia do "Gato con botas".




Obradoiros de castañuelas e trompos

Os martes pola tarde facemos obradoiros cos nosos nenos. Esta semana os nosos maiores fixeron unhas fermosas castañuelas con cartón e chapas de bebida,



mentres que os pequenos utilizaron CDs vellos e un anaco de corcho para facer unhos divertidos trompos, seguimos empregando material de refugallo para facer estes obradoiros.


Que ben o pasamos xogamos con eles.

Hoxe toca lectura

Como tódolos martes, adícamos 20 minutos da mañá a lectura por puro pracer...
que bos son estes monis que nos traen libros da biblioteca de Pereiro de aguiar.

jueves, 14 de febrero de 2013

O entroido na aula pirata

O entroido comezou o venres, coa colocación do noso mural e aprendendo o que é iso do triángulo máxico de de onde veñen todas esas máscaras extrañas.



E o luns e o mércores, mentres uns descansaban das charangas e da festa do entroido, outros adicamos as mañás a facer un monte de cousas.





 











miércoles, 6 de febrero de 2013

Cococomenariz e paraca

Onte na hora do obradoiro de manualidades os nosos piratas tiveron moito traballo.
Os máis maiores adicaronse a entrenarse para paracaidistas, si, si, PARACAIDISTAS, xa veredes.


 



E mentres, os máis pequechos andaba moi atarefados construido o seu COCODRILO Come Nariz.

Sobra dicir que todo, todiño (paraca e cocodrilo), foron feitos con material de refugallo!!!! Asi que xa sabedes, animádevos a facelos nas vosas casiñas, que é moi fácil.