viernes, 24 de junio de 2011

1ºDÍA NA ILLA PIRATA






Benvidos e benvidas piratillas a nosa fantabulosa Illa Pirata!

Este ano, e despois de navegar alén os mares durantes moitos meses, vivir íncribles aventuras e coñecer a personaxes do máis curioso, decidimos, toda a tripulación do Barco Pirata, atracar en terra firme nunha Illa dos mares cálidos e pasar o verán en terra firme, aínde que, é moi probable que algún que outro día, subamos ao noso barco a vivir algunha que outra aventura lonxe da Illa.

Vinde a visitiarnos cando vos plaza que seredes ben recibidos!

Forza e saude a todos e todas as piratillas que nos seguen por estes lares e ata sempre amigos/as




















No hay comentarios:

Publicar un comentario