jueves, 19 de mayo de 2011

Info para as actividade de verán na aula pirata


O Concello de O Pereiro de Aguiar infórmalles da apertura do prazo de inscrición para as actividades de Verán 2011 dentro do programa de apertura de centros fóra do horario lectivo, tamén coñecido como Programa Concilia, que se leva acabo na Aula de abaixo do CEIP Ben-Cho-Sey.

Horarios da aula pirata durante o verán:

Luns, Martes, Xoves e Venres: De 07:30 ata 14:30

Mércores: De 08:00 ata 14:30. (Día de piscina)

*Ó longo do verán faremos diversas excursións que farán variar este horario, sempre ampliandoo. Informarémoslles coa suficiente anticipación.

Duración:

Esta aula estará aberta todo o verán desde o 23 de Xuño ata o 9 de Setembro, agás o 25 de Xullo e o 15 de Agosto que pechamos por ser festivos en toda a Comunidade Autónoma.


As prazas no servizo:

Poden facer uso deste servizo os rapaces e rapazas de entre tres anos e dezaseis anos, que pertenzan o segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obligatoria.

Teñen que presentar:

  • Certificado laboral co horario laboral dos pais que xustifique que están traballando.
  • Certificado do padrón dos pais ou do neno/a.

*Os nenos que usan este servizo dende o Nadal 2010-2011 non están obrigados a presentar a documentación anterior pero si a ficha de inscrición

Admitirase ós usuarios por orde de presentación das solicitudes.

Datas para presentar a inscrición e os papeis:

Entre os días 1 e 10 de Xuño.

O 17 de Xuño sairán as listas de admitidos.

En caso de non asistir durante un periodo de 5 días consecutivos sen avisar ós monitores responsables do servizo, o usuario quedará automáticamente excluído do servizo, quedando a súa praza a disposición da lista de espera.


Día de piscina:

Os mércores, se fai bó tempo, acudiremos ó complexo deportivo de Monterrei, para facer xogos e acudir á piscina. Por esta razón comezamos a xornada un chisco máis tarde. Hai que levar ós nenos/as ata Os Gozos, no campo do Centro de Día, entre as 08:00 h e as 09:00 h. A esa hora faremos unha pequena andaina ata o complexo de Monterrei, a partir das 09:00 h un monitor estará xa en Monterrei para recoller os nenos/as que cheguen máis tarde.

Servizo de almorzo

Como novidade este ano e ante a demanda dalgúns pais ofértase a posibilidade de almorzar na aula, as condicións para que se poda realizar son:

  • Que o soliciten un mínimo de 15 nenos.
  • Se o número e inferior, que os pais destes nenos se poñan dacordo e fagan frente o custo dos cinco almorzos.

* Este servizo ofreceo a ANPA do CEIP polo que é de pago e alleo ó servizo, aínda que se leve a cabo dentro del.

No hay comentarios:

Publicar un comentario